![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/15/An-225_Mriya.jpg/640px-An-225_Mriya.jpg&w=640&q=50)
Antonov An-225
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Antonov An-225 Mriya (en ucraíno: Антонов Ан-225 Мрія; nome asignado pola OTAN: Cossack) foi un avión de transporte estratéxico fabricado por Antonov. O seu deseño, construído para transportar a lanzadeira Buran foi unha extensión do Antonov An-124. Mriya ("мпия") significa «soño» (inspiración) en ucraíno.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/15/An-225_Mriya.jpg/640px-An-225_Mriya.jpg)
Cun peso máximo de 640 toneladas, o An-225 é o avión máis pesado do mundo. O Hughes H-4 Hercules, coñecido como Spruce Goose, tiña unha envergadura maior pero só voou nunha ocasión mantendo o voo algo máis de 1600 metros, en cambio o An-225, é o avión máis grande do mundo e engalou varias veces.[1]
En novembro de 2004, a FAI colocou o An-225 no Libro Guinness dos Récords cas súas 240 marcas.