político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio de Dios Álvarez é un comerciante e político galego, alcalde do municipio de Meira polo PSdeG-PSOE.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX |
Alcalde de Meira | |
2015 – ← Ramiro Pérez Freijo | |
Alcalde de Meira | |
2007 – 2011 – Ramiro Pérez Freijo → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Terra Galega Partido dos Socialistas de Galicia |
Logo de traballar na factoría de Vega de Oro estivo catro anos emigrado nos Países Baixos, e ao seu regreso montou un bazar.[1].
Estivo oito anos como concelleiro en Meira, tras ser elixido como independente polas listas do PPdG.[1] Nas eleccións municipais de 2007 foi elixido alcalde como concelleiro de Terra Galega, co voto a favor do único concelleiro socialista na corporación meirega (Miguel Antonio García Vázquez, que foi o seu predecesor na alcaldía, estivo 10 días). Nas eleccións de 2011 encabezou a lista do PSdeG-PSOE en Meira pero perdeu o bastón de mando. Nas eleccións municipais de 2015 volveuse presentar polo PSdeG-PSOE e conseguiu ser de novo alcalde por maioría absoluta. Nas eleccións municipais de 2019 revalidou a maioría absoluta.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.