Remove ads
político colombiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Amador José de Nariño y Bernardo Álvarez del Casal, nado en Santa Fe de Bogotá, o 9 de abril de 1765 e finado en Villa de Leyva o 13 de decembro de 1823, foi un político e militar que participou na independencia do Vicerreinado de Nova Granada. Xunto a Pedro Fermín de Vargas, Francisco de Miranda, José Cortés de Madariaga e Eugenio Espejo, é considerado un precursor da emancipación das provincias americanas do Imperio español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1765 Bogotá, Colombia |
Morte | 14 de decembro de 1823 (58 anos) Villa de Leyva, Colombia |
Causa da morte | tuberculose Sapo |
Lugar de sepultura | Catedral primada de Colombia |
Actividade | |
Ocupación | político, militar, oficial, pai |
Familia | |
Cónxuxe | Magdalena Ortega de Nariño |
Hai constancia de que tanto o seu pai, Vicente Nariño e Vázquez como o seu avó Juan Nariño Domínguez eran oriúndos da comarca de Santiago de Compostela, concretamente de Val do Dubra.[1]
José Vicente Nariño, oficial das caixas reais do vicerreinado, contraeu matrimonio coa crioula santafereña Catalina Álvarez de Casal.[2]
Dende a súa mocidade, Nariño encamiñouse a actividades políticas que soubo combinar con especulacións financeiras e comerciais que o levaron a acumular fortuna. Tamén foi alcalde de segundo voto elixido polo cabido de Santa Fé en 1789, tesoureiro interino de décimos do arcebispado, designado en xullo do mesmo ano.[3]
A finais de 1793 ou comezos de 1794, Nariño traduciu o texto aprobado pola Asemblea Nacional de Francia a comezos da revolución (4 de agosto de 1789) consagratorio dos dereitos do home e do cidadán, o cal lle valeu ser feito prisioneiro.[4]
Entre o momento da súa captura na súa casa de habitación en Santafé, en agosto de 1794 e a súa liberación en Cartaxena en xuño de 1810, un lapso de case dezaseis anos, Nariño estivo preso agás o intervalo que pasou oculto en Europa e América entre o momento da súa fuga en Cádiz (17 de marzo de 1796) e a súa entrega voluntaria en Santa Fe (o 19 de xullo de 1797).[5]
Tras a súa liberación en Cartaxena, Nariño regresou a Santa Fe a tempo para colaborar na organización do primeiro congreso neogranadino do cal é designado secretario ó comezo de sesións en decembro de 1810.[6]
Nariño non foi militar de carreira pois os seus primeiros pasos nesa dirección iniciáronse en 1813 cando era presidente de Cundinamarca e ofreceuse para comandar as forzas unidas do Estado que o gobernaba con aquelas das Provincias Unidas de Nova Granada, achegadas dende Tunja polo seu rival político Camilo Torres Tenorio, co fin de marchar ó sur para recuperar Popayán e evitar que tropas realistas avanzasen cara ó interior da república nun empeño de invasión ordenado dende a presidencia de Quito.
O éxito inicial da campaña, que Nariño conduciu vitoriosamente até as portas da cidade de Pasto, terminou en fracaso ó verse Nariño precisado a entregarse ó xefe militar de Pasto en maio de 1814. O seguintes seis anos pasounos de novo en prisión.[7]
Nariño regresou a América polo Caribe e Venezuela. O 20 de febreiro de 1821 reportouse a Simón Bolívar dende Angostura e este convidouno a que se reunise con el nas chairas do Apure. Alí, Bolívar pediu a Nariño proceder a instalar o congreso de Villa del Rosario e escolleuno como vicepresidente de Colombia.[8]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.