Antigo templo de Atenea
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Antigo templo de Atenea era un edificio situado na Acrópole de Atenas, construído antes do -625 en pedra e rodeado por un pórtico de columnas en madeira, substituíndo un importante santuario dedicado a Atenea do século -VII edificado á súa vez sobre un palacio micénico.
Antigo templo de Atenea | |
---|---|
Os alicerces do antigo templo pódense observar diante do Erecteion. | |
Presentación | |
Nome local | Ιερό της Πολιάδος Αθηνάς |
Localización | Atenas Grecia |
Dirección | Acrópole de Atenas |
Coordenadas | 37.9715, 23.7267 |
Estilo | Época arcaica |
Tipo | Templo grego |
Propietario | Goberno de Grecia |
Construción | |
Inicio | 525 a.C. |
Remate | 500 a.C. |
Destruído | 480 a.c. (Guerras persas) |
Dimensións | |
Superficie | 21´3 m por 43´15 m |
Altura máxima | (altura en antena) |
Altura da azotea | (altura en azotea) |
Altura da última planta | (altura en piso máis alto) |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Descoñecido |
Durante os anos -600 - -590 construíuselle a columnata de pedra e fíxose a decoración escultórica dos frontóns con temas de Heracles. Na época de Pisístrato, sobre o -525, reformouse de novo e nun dos seus frontóns realizouse unha representación da xigantomaquia e que tiña á deusa Atenea Polias, a deidade patronal da cidade de Atenas, no seu tema principal. Os restos deste templo poden observarse entre o Partenón e o Erecteion.
Foi destruído polas Guerras Persas en 480 a.C., durante a destrución de Atenas. Estaba situado no centro da meseta da Acrópole, probablemente edificado sobre un palacio micénico. O complexo ás veces descríbese co nome de "alicerces Dörpfeld", na honra do arqueólogo que atopou o lugar do templo. Coñécese como "Archaios Neos" (Templo antigo) polos gregos.