etnógrafo, etnólogo e arqueólogo portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
António Maria Mourinho, nado en Sendim o 14 de febreiro de 1917 e finado en Lisboa o 13 de xullo de 1996, foi un etnógrafo, etnólogo e arqueólogo portugués.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de febreiro de 1917 Sendim, Portugal |
Morte | 13 de xullo de 1996 (79 anos) Lisboa, Portugal |
Educación | Universidade do Porto |
Actividade | |
Ocupación | etnógrafo, etnólogo, arqueólogo |
Premios | |
António Mourinho estudou no Seminairo Maior de Braganza en 1941, e fíxose reitor da freguesía mirandesa de Duas Igrejas en 1942. Entre 1960 e 1970, estudou en España no Instituto de Alta Cultura, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e do Consello Nacional de Investigacións Científicas de Madrid. Entre 1970 e 1975, estudou na Facultade de Letras da Universidade do Porto e graduouse en ciencias históricas e xeográficas, e tamén asistiu á Universidade de Valladolid entre 1984 e 1985, onde se graduou en museoloxía. Contribuíu na fundación do Museo da Terra de Miranda, do que foi director entre 1982 e 1991.[1] En 1995, axudou a elaborar a Cumbençon Ourtográfica de la Lhéngua Mirandesa.
Foi nomeado Oficial da Orde Militar de Cristo en 1943, recibiu a Medalla de Mérito Turístico en 1979 e o Premio Europeo de Arte Popular en 1982. Tamén obtivo o título de Cidadán Honorario e recibiu a Medalla de Honra de Miranda do Douro en 1991.[2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.