fotógrafo e ambientalista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Ansel Easton Adams, nado o 20 de febreiro de 1902 en San Francisco (California) e finado o 22 de abril de 1984 en Monterey (California), foi un fotógrafo e ambientalista estadounidense. As súas fotografías de paisaxes en branco e negro do oeste estadounidense, especialmente do Parque Nacional de Yosemite, foron amplamente reproducidas en calendarios, pósters e libros.
Con Fred Archer, Adams desenvolveu o Sistema de Zonas como un xeito de determinar a exposición axeitada e axustar o contraste na impresión final. A claridade e profundidade resultante caracterizou as súas fotografías. Adams usou principalmente cámaras de formato grande porque a súa alta resolución axudouno a asegurar a nitidez nas súas imaxes.
Adams fundou o Grupo f/64 de fotografía xunto cos compañeiros Willard Van Dyke e Edward Weston.
En 1941, Adams foi contratado polo Departamento do Interior do Goberno dos Estados Unidos para facer fotografías de parques naturais, reservas aborixes e outros lugares, para ser usadas como fotografías murais no novo edificio do Departamento en Washington, D.C. Parte do seu acordo co Departamento foi que podería tamén facer fotografías para o seu propio uso, ocupando a súa propia película e revelado. Malia que Adams gardou rexistros meticulosos do seu viaxe e dos seus gastos, foi menos disciplinado co rexistro das datas das súas imaxes e negouse a rexistrar a data de "Moonrise over Hernandez", polo que non quedou claro se pertencía a Adams ou ao Goberno dos Estados Unidos. A posición da lúa permitiu que a imaxe fora datada mediante cálculos astronómicos e determinouse que foi tomada o 1 de novembro de 1941, unha xornada na que Adams non traballara para o Departamento, polo cal a imaxe pertencía a Adams. A mesma disputa resultou non ser verdadeira en moitos outros negativos.
O proxecto detívose pola entrada na segunda guerra mundial dos Estados Unidos en 1942, e nunca foi rematado.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.