Anhidrita
From Wikipedia, the free encyclopedia
A anhidrita é un mineral composto de sulfato de calcio anhidro (CaSO4). Está formada por un 41,2 % de CaO e un 58,8 % de SO3. É moi común nos depósitos de sal, sendo moi raro encontrala ben cristalizada. Cando se expón á acción da auga, a anhidrita absórbea e vólvese sulfato de calcio hidratado (CaSO4•2H2O), isto é, xeso.
Datos rápidos Fórmula química, Clase ...
Anhidrita | |
---|---|
Fórmula química | CaSO4 |
Clase | Sulfatos |
Sistema cristalino | Ortorrómbico |
Cor | De incoloro a azulado ou violeta. Tamén branco ou rosado. |
Brillo | Vítreo a perlado nas caras de exfoliación |
Dureza | 3,5 (escala de Mohs) |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | [010] Perfecta, [100] Perfecta, [001] Boa |
Raia | Branca |
Densidade | 3,90 g/cm³ |
Pechar
Ten aplicación na construción na fabricación do cemento, ademais de empregarse para certos fertilizantes ou a fabricación do ácido sulfúrico. A variedade azulada, chamada vulpinito (de Vulpino, en Italia) emprégase como pedra ornamental.