Anatomía das aves
From Wikipedia, the free encyclopedia
A anatomía das aves, incluíndo a súa fisioloxía, amosa moitas adaptacións únicas encamiñadas, a maioría, para a obtención da capacidade de voar. As aves evolucionaron até posuír un sistema esquelético e muscular lixeiro e potente que, xunto cos sistemas circulatorio e respiratorio, fainas quen de desenvolver unha osixenación e actividade metabólica moi altas, e con iso conseguir a suficiente enerxía para conquistar o medio aéreo. O desenvolvemento do peteiro condicionou a evolución dun sistema dixestivo especialmente adaptado. Estas especializacións anatómicas foron a causa de que ás aves foron recentemente asignadas na clasificación taxonómica a unha clase de seu no filo dos cordados.