![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f6/Amy_doc.jpg/640px-Amy_doc.jpg&w=640&q=50)
Amy (documental)
filme de 2015 dirixido por Asif Kapadia / From Wikipedia, the free encyclopedia
Amy é un documental británico de 2015 sobre a vida e morte da cantante e compositora inglesa Amy Winehouse, dirixido por Asif Kapadia e producido por James Gay-Rees, George Pank e Paul Bell, coproducido por Krishwerkz Entertainment, On The Corner Films, Playmaker Films e Universal Music, en asociación con Film4 Productions. A película cobre a vida de Winehouse e a súa loita contra o abuso de substancias, tanto antes como despois de alcanzar o éxito, e que finalmente provocaron a súa morte .
Amy | |
---|---|
![]() | |
Ficha técnica | |
Director | Asif Kapadia |
Produtor |
|
Intérpretes | Amy Winehouse |
Música |
|
Fotografía | Matt Curtis |
Montaxe | Chris King |
Estudio |
|
Distribuidora | Altitude Film Distribution |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 128 minutos[1] |
Orixe | ![]() |
Orzamento | $ 3.4 millóns[2] |
Recadación | $ 23.7 millóns[3] |
Na rede | |
http://www.amyfilm.co.uk/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
En febreiro de 2015 un avance do documental, titulado simplemente Amy, presentouse no acto previo á cerimonia de entrega dos premios Grammy 2015. David Joseph, director executivo de Universal Music no Reino Unido, anunciou que o documental se estrearía ese ano. Dixo ademais: "Fai un par de anos decidimos facer unha película sobre ela, a súa carreira e a súa vida. É unha película moi complicada e agarimosa. Aborda moitas cousas sobre a familia e os medios de comunicación, a fama, a adicción, pero o máis importante, captura o corazón mesmo do que ela era, que é unha persoa asombrosa e un verdadeiro xenio da música".[4] O documental fixo a súa estrea no Festival Internacional de Cinema de Cannes do ano 2015[5] e presentouse no Reino Unido no Festival Internacional de Cinema de Edimburgo.[6]
O documental foi distribuído por Altitude Film Distribution e A24, estreouse nas salas de cine o 3 de xullo de 2015 e recibiu críticas positivas. O documental obtivo 33 candidaturas e conseguiu un total de 30 premios, incluíndo o mellor documental da Academia de Cine Europea na 28ª edición dos Premios do Cinema Europeo,[7] o premio BAFTA ó mellor documental na 69ª ceriminia dos premios BAFTA, o premio Grammy ó mellor vídeo musical de formato longo na 58ª edición dos premios Grammy, o premio Óscar ó mellor documental na 88ª edición dos Óscar[8] e o mellor documental na cerimonia dos MTV Movie Awards de 2016. O éxito do documental e a música da banda sonora orixinal proporcionáronlle a Winehouse unha segunda candidatura na cerimonia dos Brit Awards do ano 2016 na categoría de "mellor solista británica".[9]