American Beauty
From Wikipedia, the free encyclopedia
American Beauty é un filme estadounidense dirixido por Sam Mendes que se estreou en 1999. Kevin Spacey interpreta a Lester Burnham, un executivo de publicidade que ten unha crise da mediana idade cando queda prendado da mellor amiga da súa filla adolescente, Angela (Mena Suvari). Annette Bening interpreta a materialista muller de Lester, Carolyn, e Thora Birch intepreta a súa insegura filla, Jane. Wes Bentley, Chris Cooper e Allison Janney tamén aparecen no filme nos papeis secundarios. O filme é descrito polos académicos como unha sátira da clase media americana, das nocións de beleza e satisfacción persoal, cunha análise centrada nas exploracións románticas do filme, o amor paternal, a sexualidade, a beleza, o materialismo, a liberación e a redención.
American Beauty | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | American Beauty |
Director | Sam Mendes |
Produtor | Bruce Cohen Dan Jinks |
Guión | Alan Ball |
Intérpretes | Kevin Spacey Annette Bening Thora Birch Wes Bentley Mena Suvari Chris Cooper Allison Janney |
Música | Thomas Newman |
Fotografía | Conrad L. Hall |
Montaxe | Tariq Anwar |
Estudio | Jinks/Cohen Company |
Distribuidora | DreamWorks Pictures |
Estrea | Teatro Exipcio de Grauman: 8 de setembro de 1999 17 de setembro de 1999 |
Duración | 122 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $15 000 000[2] |
Recadación | $356 296 601[2] |
Na rede | |
http://www.dreamworks.com/ab/ | |
|
Ball comezou a escribir American Beauty como unha obra teatral a comezos da década de 1990, parcialmente inspirado polo circo dos medios arredor do xuízo de Amy Fisher en 1992. Desbotou a obra logo de decatarse que a historia non funcionaría ben no escenario. Despois de varios anos como guionista de televisión, Ball recuperou a idea en 1997 cando intentaba irromper na industria do cine. O guión retocado tiña unha ollada cínica que estaba influenciada pola frustración de Ball por escribir para varias comedias de situación. Os produtores Dan Jinks e Bruce Cohen levaron American Beauty a DreamWorks e o estudio mercou o guión de Ball por $250 000, logo dunha poxa con outros estudio de produción. DreamWorks financiou a produción cun orzamento de $15 millóns e serviu como o distribuidor en América do Norte. American Beauty supuxo o primeiro debut no cine do aclamado director de teatro Sam Mendes, que fora cortexado despois das exitosas producións dos musicais Oliver! e Cabaret. Malia isto, Mendes obtivo o posto despois de que outros vinte "A-list" directores rexeitasen a oportunidade.