![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/29/North_America_satellite_orthographic.jpg/640px-North_America_satellite_orthographic.jpg&w=640&q=50)
América do Norte
subcontinente de América / From Wikipedia, the free encyclopedia
América do Norte ( pronunciación (axuda · info)) ou Norteamérica (
pronunciación (axuda · info)) é un subcontinente de América situado totalmente no hemisferio norte, e case por completo no hemisferio occidental, que se estende, xeopoliticamente, desde Alasca e Groenlandia ao norte, ata a fronteira de México con Guatemala e Belize ao sur.[1] Limita ao norte co océano Glacial Ártico, ao leste co océano Atlántico, ao sueste co mar Caribe e ao sur e ao oeste co océano Pacífico. Está conectado con América do Sur pola estreita ponte territorial que representa América Central. Cobre unha área de aproximadamente 24 709 000 km², o que representa ao redor dun 4,8 % da superficie total do planeta e un 16,5 % das terras emerxidas.
Nomeado en referencia a | Amerigo Vespucci, Turtle Island (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 579.000.000 (2016) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 24.930.000 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Denali (6.190 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
![]() |
En 2009 a súa poboación estimada era de máis de 528 millóns de habitantes. En 2013 a media do Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) de todos os países do subcontinente norteamericano foi de 0,895.
América boreal é un sinónimo, pero este concepto a miúdo só inclúe os Estados Unidos e o Canadá, excluíndo a zona de México a que ás veces se considera dentro de América Central.[2]