![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/68/Altiplano_Cundiboyacense.png/640px-Altiplano_Cundiboyacense.png&w=640&q=50)
Altiplano Cundiboyacense
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Altiplano Cundiboyacense é unha meseta alta que se atopa na Cordilleira Oriental dos Andes colombianos, abranguendo partes dos departamentos de Cundinamarca e Boyacá. O altiplano corresponde co antigo territorio dos muiscas. O Altiplano Cundiboyacense comprende tres rexións chás distintivas; a sabana de Bogotá, os vales de Ubaté e Chiquinquirá e os vales de Duitama e Sogamoso. A altitude media do altiplano é de 2 600m por riba do nivel do mar, pero varía entre os 2 500m e os 4 000m.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/68/Altiplano_Cundiboyacense.png/640px-Altiplano_Cundiboyacense.png)
O altiplano é o lugar onde se encontraron os tres conquistadores españois Gonzalo Jiménez de Quesada, Sebastián de Belalcázar e Nicolás de Federmann en 1538 despois da fundación hispánica de Santafé de Bogotá no lugar onde se atopaba a vila muisca de Bacatá. É un lugar arrodeado de numerosas montañas, na metade da Cordilleira Oriental. No sur, atópase a sabana de Bogotá, a chaira máis extensa de Colombia, tamén limita co Ermo de Sumapaz. Polo norte, limita coas montañas de Santander, polo leste limita coa cordilleira que a separa de Piedemonte llanero e polo oeste coa cordilleira que o separa do Valle del Magdalena.