Alta Savoia
departamento francés From Wikipedia, the free encyclopedia
departamento francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Alta Savoia (74) (en francés: Haute-Savoie) é un departamento francés situado no leste de Francia, que pertence á rexión Auvernia-Ródano-Alpes. No seu territorio encóntrase o Mont Blanc (4.810 metros), cumio dos Alpes.
Epónimo | Savoia | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
Capital | Annecy | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 841.482 (2021) (191,77 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 4.388 km² | ||||
Altitude | 1.160 m | ||||
Punto máis alto | Mont Blanc (4.805,59 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 14 de xuño de 1860 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-74 | ||||
Código NUTS | FR718 | ||||
Código de departamento INSEE | 74 | ||||
Páxina web | haute-savoie.pref.gouv.fr | ||||
Até o século XIX, en 1860, o departamento de Alta Savoia formou parte dun estado independente[1], formado e gobernado a partir do século XI pola Casa de Savoia, que máis tarde se convertería na dinastía de gobernantes da unificación italiana. Esta familia de grandes señores feudais fundara o seu poder no control dos camiños e das gargantas polos pasos de montaña dos Alpes. As súas alianzas cos poderes da época, en particular coa casa de Borgoña, o papado, o emperadores xermánicos e mesmo Francia converteuno no poder dominante dos Alpes.
Bloqueado ao oeste pola forza dos reis de Francia, o condado de Savoia, máis tarde convertido en ducado, trasladou o seu centro de interese cara ao Piemonte e a todo o norte de Italia, até que se apoderou do Reino de Piemonte-Sardeña, elemento preponderante da unificación de Italia.
O departamento de Alta Savoia foi creado en 1860, segundo o Tratado de Turín do século XVIII. Foi un dos últimos territorios metropolitanos anexionados a Francia.
Non obstante, mantivo dende a súa historia e a súa posición fronteiriza até a unión de tres países, un particularismo local, unha lingua vernácula rica[2] e unha marcada fraternidade co Val de Aosta e a Suíza Francesa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.