![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c2/Allouataadulto_500px.jpg/640px-Allouataadulto_500px.jpg&w=640&q=50)
Alouatta palliata
especie de mamífero / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alouatta palliata é unha especie de mono do Novo Mundo do xénero Alouatta, que habita en América Central e do Sur. Coñécense tres subespecies. Para algúns autores, Alouatta coibensis e as súas dúas subespecies tamén poden ser consideradas subespecies de A. palliata. Habita en diversos países de América Central, sendo unha das especies de primates máis comúns desa rexión, e en América do Sur só está presente en Colombia e Ecuador.
Alouatta palliata | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar adulto | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
![]() Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Alouatta palliata (Gray, 1849) | |||||||||||||||||||||
![]() Distribución de Alouatta palliata.[2] | |||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||
Alouatta palliata aequatorialis | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
É un dos maiores monos centroamericanos e os machos poden pesar máis de 9,8 kg. Diferénciase das outras especies do xénero principalmente pola pelaxe, que é totalmente negra cun manto de cor dourada nos flancos. Pasa a maior parte do tempo descansando e durmindo. As vocalizacións poden ser escoitadas a quilómetros de distancia.