Alongamento da Unión Europea
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Comunidades Europeas, fundadas nos anos 50 do século XX, contaban orixinalmente con seis estados fundadores. A Unión Europea (UE) é o resultado da ampliación de contidos dos antigos tratados constitutivos daquelas Comunidades Europeas e das sucesivas ampliacións coa adhesión de novos estados membros. De aí que medrase ata os 27 membros, amais de existir varios estados cursando a súa solicitiude de adhesión para vindeiras datas.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde decembro de 2021) |
Para a incorporación dun Estado europeo á Unión Europea, este debe cumprir unhas condicións económicas e políticas coñecidas como os criterios de Copenhaguen, por terse tomado o correspondente acordo no Consello Europeo de 1993 celebrado na capital dinamarquesa. Porén, a bandeira da Unión Europea (círculo de doce estrelas amarelas sobre fondo azul) foi adoptada pola entón Comunidade Económica Europea en 1985, e o seu número de estrelas foi e será invariablemente de doce, é dicir, non ten vencello ningún co número de estados da Unión.