From Wikipedia, the free encyclopedia
Allan Wilson, nado en Ngaruawahia o 18 de outubro de 1934 e finado o 21 de xullo de 1991, foi un biólogo e bioquímico neozelandés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1934 Ngāruawāhia, Nova Zelandia (en) |
Morte | 21 de xullo de 1991 (56 anos) Fred Hutchinson Cancer Research Center, Estados Unidos de América (en) |
Educación | Universidade de Otago Universidade de California, Berkeley |
Director de tese | Arthur Beck Pardee (pt) |
Actividade | |
Ocupación | biólogo, bioquímico, antropólogo, profesor universitario |
Empregador | Universidade de California, Berkeley Universidade de Otago |
Membro de | |
Obra | |
Doutorando | Mary-Claire King, Rebecca Cann (pt) e Mark Stoneking (pt) |
Premios | |
Pasou a infancia en Helvetia (Pukekohe). Estudou en Auckland e Dunedin. Dende 1955 traballou na Universidade de Berkley, en California. Fíxose coñecido ao publicar o artigo, xunto a Vince Sarich, Immunological Time-Scale For Human Evolution, en Science magazine en decembro de 1967, no artigo Wilson e Sarich afirmaban que a orixe da especie humana, a diverxencia entre os simios e os humanos, databa de cinco millóns de anos de antigüidade, para obter esta estimación desenvolveron o concepto de reloxo molecular, baseado non nos fósiles, senón nas mutacións xenéticas acumuladas dende que a diverxencia, o que ía en contra da crenza dos paleoantropólogos da época que a databan en ata 25 millóns de anos apoiados na interpretación errónea do Ramapithecus como homínido. Tan só nos anos 1980 grazas a novos descubrimentos de simios fósiles as súas ideas comezaron a ser amplamente aceptadas entre a comunidade científica.
Wilson dirixiu o equipo que desenvolveu a partir de 1985 a hipótese da Eva mitocondrial, que en base ao estudo do ADN mitocondrial de distintas razas suxire que todas teñen un antepasado común, unha muller africana para a que deu unha antigüidade de 150.000 anos, e que sería a primeira representante de Homo sapiens
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.