O alicate[1] (do árabe ao-laqqat, que significa «tenaces») é unha ferramenta manual cuxos usos van dende suxeitar pezas ó corte ou moldeado de distintos materiais.

Thumb
Alicates universais con resorte helicoidal.

Son comúns en todo equipo de ferramentas manuais, xa que é un útil básico para a bricolaxe. Esta especie de tenaces metálica provista de dous brazos, son ferramentas imprescindibles para o traballo de montaxes electrónicas.

Historia

Thumb
Tenaces medievais atopadas en Hamburg-Harburg (séculos XV e XVI).

O alicate foi inventado en Europa cara ó ano 2.000 a.C. para coller obxectos quentes (principalmente o ferro que se forxaba sobre unha bigornia). Entre as máis antigas ilustracións de alicates figuran as do deus grego Hefesto na súa ferrería. Os diferentes tipos de alicate xurdiron a medida que se inventaban os diferentes obxectos onde utilizalos: ferraduras, ferrollos, cables, tubos, compoñentes eléctricos e electrónicos.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.