![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/79/%25D0%259D%25D0%2590%25D0%25A2%25D0%259E_%25D0%25A1%25D0%25B0%25D0%25BC%25D0%25B8%25D1%2582_2021_NATO_Summit_2021_-14.06.2021-_%252851245988182%2529.jpg/640px-%25D0%259D%25D0%2590%25D0%25A2%25D0%259E_%25D0%25A1%25D0%25B0%25D0%25BC%25D0%25B8%25D1%2582_2021_NATO_Summit_2021_-14.06.2021-_%252851245988182%2529.jpg&w=640&q=50)
OTAN
asociación militar internacional / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) (en inglés North Atlantic Treaty Organization, NATO e en francés Organisation du traité de l'Atlantique nord, OTAN), tamén denominada Alianza do Atlántico, Alianza do Atlántico Norte ou Alianza Atlántica, é unha alianza militar intergobernamental creada o 4 de abril de 1949 da que forman parte países de Europa e América. As súas funcións cambiaron dende a súa fundación: naceu como organización defensiva para conter ós países comunistas de Europa do leste, que se agruparon no chamado Pacto de Varsovia, e tras a caída do Muro de Berlín facilitouse a entrada a ditos países no tratado, de xeito que hoxe inclúe a maioría deles. No ano 1999 variouse o tratado para permitir outras misións diferentes da pura defensa. España que xa era membro da OTAN dende 1982 confirmou a súa permaneza no referendo do 1986, estatuto que logo ampliou ata a participación actual.
Lema | «Animus in consulendo liber (pt) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Tratado do Atlântico Norte (pt) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua francesa ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Paul-Henri Spaak, Lester Bowles Pearson, Gustav Rasmussen (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Creación | 4 de abril de 1949 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Dominio de primeiro nivel | .nato (pt) ![]() ![]() | ||||
Páxina web | nato.int ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Actualmente o seu obxectivo principal é salvagarda-la soberanía e liberdade dos países membros por medios tanto políticos como militares. No ámbito da defensa, o Tratado establece que unha agresión a un país membro ou grupo de países membros será considerada como unha agresión a tódolos asinantes. Outro obxectivo é potencia-la comunicación con países non membros para estende-la estabilidade alén das fronteiras da OTAN.
O órgano de decisións máis importante da OTAN é o Consello Norte-atlántico que xunta a representantes dos 29 países anualmente.