From Wikipedia, the free encyclopedia
Aliaksandr Antonavič Nadsan[nota 1] (en belaruso: Аляксандр Антонавіч Надсан), nado o 8 de agosto de 1926[1] e finado en Londres o 15 de abril de 2015, foi un sacerdote belaruso, que exerceu de visitador apostólico para os fieis grecocatólicos belarusos no estranxeiro.
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1926 Haradzieja (Segunda República Polaca) |
Morte | 15 de abril de 2015 (88 anos) Londres (Reino Unido) |
Lugar de sepultura | cemiterio de St Pancras e Islington |
Relixión | Igrexa católica bizantina belarusa e Igrexa católica |
Educación | Seminarios de profesores de Nyasvizh Universidade de Londres Pontificio Colexio Grego de San Atanasio |
Actividade | |
Ocupación | visitador apostólico, historiador |
Membro de | |
Familia | |
Pai | Anton Bačko |
Naceu en Haradzieja, preto de Niasviž, en Polonia (hoxe na rexión de Minsk, Belarús).[1] O seu pai servira como oficial no exército tsarista na primeira guerra mundial, e posteriormente participara no levantamento armado de 1920 contra os bolxeviques en Sluck.
Aliaksandr estudou matemáticas no seminario de Niasviž.[2] En 1944 emigrou de Belarús, e en 1945 foi soldado no Segundo Corpo de Polonia baixo o mando do xeneral Anders, que loitaba no norte de Italia, onde foi ferido.[2] Co seu corpo, trasladouse en 1946 ao Reino Unido, onde estudou Matemáticas na Universidade de Londres graduándose en 1953. Durante este período, Nadsan foi un dos fundadores da Asociación de Belarusos en Gran Bretaña, e o seu presidente entre 1951 e 1953. Foi tamén editor dos xornais Biełarus na čužynie e Na šlachu, e participou nas actividades da sociedade académica cristiá belarusa Ruń e no Belarusian People's Independent Christian Movement.
Dende o outono de 1953, baixo a influencia de Časlaŭ Sipovič, estudou no Pontificio Colexio Grego de Roma, e foi ordenado sacerdote o 23 de novembro de 1958. En xullo de 1959 volveu a Londres, onde retomou as súas actividades en organizacións da diáspora belarusa.
Dende 1971 foi director do Francis Skaryna Belarusian Library and Museum de Londres, a maior biblioteca belarusa no estranxeiro. Dende 1981 é cabeza da misión católica belarusa en Gran Bretaña, e dende finais dos 80, visitador apostólico de todos os fieis grecocatólicos belarusos no estranxeiro. Denden entón dedica os seus esforzos á resconstrución e fornecemento da Igrexa Católica Belarusa dentro do seu país, e o 11 de marzo de 1990 celebrou a Divina Liturxia en Minsk, a primeira vez que se facía de xeito público dende que a unión fora abolida en 1839.[2]
Foi autor de varios libros sobre a historia de Belarús, e presidiu unha fundación caritativa de axuda ás vítimas de Chernobil, levando cativos afectados pola radiación a pasar as vacacións de verán en Inglaterra, Irlanda e Gales.[2] Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade Europea de Humanidades.[3]
Logo do seu pasamento o 15 de abril de 2015 os fieis greco-católicos belarusos no Reino Unido pasaron a depender da eparquía da Sagrada Familia de Londres, sendo o seu bispo Hlib Lonchyna.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.