From Wikipedia, the free encyclopedia
Alfonso Cuarón Orozco nado o 28 de novembro de 1961 en Cidade de México, México, é un guionista, produtor e director de cinema mexicano. É irmán de Carlos Cuarón e estivo casado coa crítica de cinema italiana Annalisa Bugliani. Está considerado como un dos cineastas mexicanos máis prometedores da súa xeración, xunto a outros como Guillermo del Toro ou Alejandro González Iñárritu, quen tamén conseguiron transcendencia internacional a partir da década de 1990.
Cuarón comezou dirixindo un filme independente no seu país natal, pero o recoñecemento internacional chegoulle con producións norteamericanas como A princesiña (baseado na novela de Frances Hodgson Burnett) e a súa longametraxe, Y tu mamá también (con Maribel Verdú, Gael García Bernal e Diego Luna). Posteriormente dirixiu proxectos de grande orzamento e ben acollidos pola crítica como Harry Potter e o preso de Azkaban e Children of Men.
Tamén é coñecido por Great Expectations (adaptación da novela de Charles Dickens, con Ethan Hawke e Gwyneth Paltrow), e por El laberinto del fauno (de Guillermo del Toro), no que fai de produtor.
Ano | Filme | Como | |||
---|---|---|---|---|---|
Director de cinema | Guionista | Produtor de cinema | Montaxe | ||
1991 | Sólo con tu pareja | si | si | si | si |
1995 | A princesiña | si | |||
1998 | Great Expectations | si | si | ||
2001 | Y tu mamá también | si | si | si | |
2004 | Harry Potter e o preso de Azkaban | si | |||
Crónicas | si | ||||
O asasinato de Richard Nixon | si | ||||
2005 | Black Sun (documental) | si | |||
2006 | Children of Men | si | si | si | |
El laberinto del fauno | si | ||||
Paris, je t'aime (segmento "Parc Monceau") | si | si | |||
2007 | Year of the Nail | si | |||
2008 | Rudo y Cursi | si | |||
2013 | Gravity | si | si | si | si |
2018 | Roma | si | si | si | si |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.