Alessandro Petacchi
ciclista italiano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Alessandro Petacchi, nado en La Spezia (Liguria) o 3 de xaneiro de 1974, é un ciclista profesional italiano en activo. Fíxose profesional en 1996, e actualmente, tras unha serie de anos no equipo Fassa Bortolo, está nas filas do Milram.
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2016.) |
A súa especialidade son os sprints, e actualmente moitos o consideran coma o mellor sprinter en activo. Lamentablemente, no Giro de Italia 2006, tras unha caída na terceira tirada, rompeu a rótula e houbo de ser operado. Espera poder participar na Vuelta a España deste mesmo ano.