Alemáns do Báltico
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os alemáns do Báltico (en alemán: Deutsch-Balten ou Baltendeutsche) eran alemáns étnicos que habitaron na costa oriental do mar Báltico, en territorios que hoxe conforman os países de Estonia e Letonia.
Alemáns do Báltico | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: ~ 5 100 | |
Rexións principais: | |
Estonia | 2 570 |
Letonia | 2 554 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Baixo alemán, alto alemán |
Relixión | Luteranismo (a maioría) e catolicismo[1][2] |
Grupos relacionados | Pobos xermánicos |
Ao longo dos seus 700 anos de historia, as familias dos alemáns do Báltico tiñan, obviamente, raíces étnicas alemás, pero tamén casaron con estonianos, livonios e letóns, así como con outros pobos do norte ou do centro de Europa, como daneses, suecos, irlandeses, ingleses, escoceses, polacos, húngaros e neerlandeses. Nos casos nos que se producían matrimonios mixtos, os membros dos demais grupos étnicos asimilaban con frecuencia á cultura alemá, adoptando a lingua, os costumes e os nomes de familia alemáns. Daquela eran considerados alemáns, o que levou á etnoxénese dos alemáns bálticos.[3]
Os alemáns bálticos formaron a elite comercial, política e cultural desta rexión durante varios séculos, e incluso varios deles desempeñaron altos cargos na vida militar e civil do Imperio ruso, especialmente en San Petersburgo.
Desde o seu reasentamento forzado en 1939, os alemáns bálticos diminuíron notabelmente como un grupo étnico determinado xeograficamente.[4]