médico, catedrático e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Alejandro Otero Fernández, nado en Redondela o 14 de decembro de 1888 e finado en México o 26 de xuño de 1953, foi un médico e político socialista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Alejandro Otero Fernández 14 de decembro de 1888 Redondela, España |
Morte | 26 de xuño de 1953 (64 anos) Cidade de México |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 9 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933 Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Pontevedra | |
Deputado nas Cortes republicanas | |
Representa: Partido Socialista Obrero Español 9 de xullo de 1931 – 30 de xullo de 1931 – Juan Carreño Vargas (en) → Lexislatura: I lexislatura da Segunda República Española Circunscrición electoral: Granada (province) (en) | |
Reitor da Universidade de Granada | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid Granada |
Ocupación | político, médico, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Granada |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Familia | |
Pai | Juan Manuel Otero Milleiro |
Fillo de Juan Manuel Otero Milleiro. Estudou medicina na Universidade de Santiago de Compostela onde foi alumno de Manuel Varela Radío, e exerceu en Granada ata que en 1914 foi nomeado catedrático de xinecoloxía da Universidade de Granada, da que foi elixido reitor en 1932. Foi elixido concelleiro do concello de Granada en 1931, aproveitando o cargo para impulsar o Hospital Clínico de Granada. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra polo PSOE. Foi encarcerado uns meses durante a folga xeral revolucionaria de 1934. Durante a Guerra civil española foi subsecretario de armamento e ao rematar conselleiro do SER. Exiliouse en México, onde chegou vía Nova York en marzo de 1940. En México continuou traballando como médico, dirixiu unha rede de asistencia médica para os exiliados españois e as persoas máis desfavorecidas, creada con fondos da Junta de Auxilio a los Republicanos Españoles. Colaborou co goberno da República Española no exilio.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.