político español From Wikipedia, the free encyclopedia
Alberto Rodríguez Rodríguez, nado en Santa Cruz de Tenerife o 11 de decembro de 1981,[1] é un ex-deputado español de Podemos no Congreso dos Deputados, obreiro industrial de formación e tamén coñecido polo seu labor como activista social.
Fillo dunha mestra e dun electricista, Alberto Rodríguez naceu no barrio obreiro de Ofra, en Santa Cruz de Tenerife, onde residiu até a súa elección como deputado. Estudou un ciclo superior de química ambiental e traballou durante nove anos como operario nunha refinaría de petróleo, na que participou como representante sindical. Militou en Esquerda Unida e estivo implicado en diferentes movementos sociais, como o estudantil (Sindicato de Estudiantes Canario e Comité de Estudiantes), en protestas contra as guerras e en convocatorias polos dereitos civís. Como consecuencia do seu activismo, foi detido en 2012 durante as manifestacións do 15-M pero quedou absolto.[2] Dende o 13 de xaneiro de 2016 é deputado de Podemos no Congreso pola provincia de Santa Cruz de Tenerife.[3][4][5][6][7]
O 5 de xuño de 2019 anunciouse que sería o novo secretario de organización de Podemos en substitución de Pablo Echenique.[8]
O 20 de xaneiro de 2021, o Tribunal Supremo imputou a Rodríguez por un presunto delito de atentado contra a autoridade e falta ou delito leve de lesións por uns incidentes acontecidos en 2014.[9] O alto tribunal iniciou o procedemento unha vez que o Congreso dos Deputados aceptou o suplicatorio solicitado en decembro de 2020.[10]
Foi finalmente inhabilitado como deputado o 22 de outubro de 2021, após unhas semanas de polémica entre o Tribunal Supremo e o Congreso dos Deputados.[11]
En xaneiro de 2024, o Tribunal Constitucional fallou que Rodríguez non debería ter sido condenado a prisión, senón simplemente a unha pena pecuniaria, polo que non debería ter perdido o seu escano.[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.