From Wikipedia, the free encyclopedia
Albert Serra, nado en Banyoles en 1975, é un artista e director de cinema independente catalán. Tras estudos de filoloxía e literatura comparada, comeza cunha produción audiovisual que gaña recoñecemento internacional coa súa segunda longametraxe Honor de cavalleria, presentada na Quincena dos Realizadores de Cannes no ano 2006. En 2013 recibe o Leopardo de Ouro en Locarno polo traballo en Història de la meva mort. No seu sétimo filme La mort de Louis XIV, foi convidado á Selección Oficial de Cannes en 2016. Liberté é a recreación cinematográfica da súa obra de teatro presentada en 2018 no salón principal do Berlin Volksbühne.[1]
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de outubro de 1975 (49 anos) Banyoles (España franquista) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Barcelona |
Ocupación | guionista, director de cinema |
Período de actividade | 2003 - |
Membro de | |
Participou en | |
9 de xuño de 2012 | dOCUMENTA (13) |
Tabakalera | |
Premios | |
| |
|
Serra obtivo unha licenciatura en filoloxía hispánica e teoría da literatura comparada expedido pola Universidade de Barcelona. Traballa como guionista, director e produtor nas súas obras, na súa maioría centradas nos mitos e literatura europea. No ano 2001, Serra cofunda a produtora Andergraun Films. Honor de cavalleria foi seleccionada por Cahiers du Cinéma como un dos dez mellores filmes do ano 2007. En 2013, unha retrospectiva do seu traballo foi presentada no Centro Pompidou. Por La mort de Louis XIV, Serra recibiu o Prix Jean Vigo en 2016.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.