Albaialde
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O albaialde[1] é carbonato básico de chumbo, (CO3)2(OH)2Pb2, sólido e de cor branca, empregado en pinturas, ata comezos do século XIX, cando se descrubiu o branco de cinc foi a única cor branca de calidade empregada na pintura ao óleo. Utilizado dende antigo, o químico sueco Torbern Olof Bergmann determinou a súa composición en 1774. Ten como sinónimos branco de chumbo. O termo albaialde procede do árabe al-bayad (branco, albo). Actualmente, o sulfuro de cinc e o dióxido de titanio ofrecen un ton branco excelente sen ser tóxicos nin escurecer co tempo. Ademais, o prezo de mercado das tres substancias é parecido. Cando se descubriu o branco de cinc (sulfuro de cinc) o albaialde deixou de utilizarse.