Alan J. Pakula
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Alan Jay Pakula, nado en Nova York o 7 de abril de 1928 e finado en Melville (Nova York) o 19 de novembro de 1998 foi un director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Alan Jay Pakula 7 de abril de 1928 Bronx, Estados Unidos de América |
Morte | 19 de novembro de 1998 (70 anos) Melville, Estados Unidos de América (en) |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Presidente do xurado do Festival de Cannes | |
← Roberto Rossellini – Françoise Sagan → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Yale |
Actividade | |
Ocupación | guionista , director de cinema , produtor de cinema , escritor |
Lingua | Lingua inglesa |
Familia | |
Cónxuxe | Hope Lange (1963–1971) |
Premios | |
|
Pakula naceu no Bronk, de pais de orixe xudía polaca, Jeanette Goldstein e Paul Pakula.[1] Comezou a súa carreira en Hollywood como axudante no departamento de animación en Warner Brothers. En 1957 levou a cabo a súa primeira produción para Paramount Pictures e en 1962 produciu To Kill a Mockingbird, que lle valeu unha candidatura ao Oscar ao mellor filme.
O seu primeiro filme como director foi The Sterile Cuckoo (1969), con Liza Minnelli.[2] Nos seguintes anos logrou éxitos con filmes coma Klute, Tódolos homes do presidente ou Sophie's Choice.
Pakula faleceu en 1995 nun accidente de tráfico na Long Island Expressway: un condutor diante del golpeou un tubo metálico que atravesou o parabrisas de Pakula dándolle na cabeza e causando que saíse da estrada cara a un valo, falecendo instantaneamente.[3]
Ano | Título |
---|---|
1969 | The Sterile Cuckoo |
1971 | Klute |
1973 | Love and Pain and the Whole Damn Thing |
1974 | The Parallax View |
1976 | Tódolos homes do presidente |
1978 | Comes a Horseman |
1979 | Starting Over |
1981 | Rollover |
1982 | Sophie's Choice |
1986 | Dream Lover |
1987 | Orphans |
1989 | See You in the Morning |
1990 | Presunto inocente |
1992 | Consenting Adults |
1993 | O informe pelicano |
1997 | The Devil's Own |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.