Alacantí
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Alacantí é unha comarca do sur da Comunidade Valenciana con capital en Alacant. Limita ao norte co Alcoià, ao leste coa Marina Baixa e o mar Mediterráneo, ao sur co Baix Vinalopó e ao oeste co Vinalopó Mitjà.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Capital | Alacant | ||||
Contén a división administrativa | Agost (pt) Aigües (pt) Alacant Busot (pt) El Campello La Torre de les Maçanes (pt) Mutxamel Sant Joan d'Alacant Sant Vicent del Raspeig Xixona | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 494.685 (2022) (734,4 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 673,59 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
A comarca presenta dous espazos claramente diferenciados a nivel demográfico, social, económico e de marco físico: por unha banda está a Horta de Alacant, área moi densamente poboada repartida sobre unha superficie case plana, e doutra banda uns municipios periféricos, situados en altura, entre os que se atopa unha subcomarca formada por Xixona e La Torre de les Maçanes, a Foia de Xixona (Fondal de Xixona en galego).
Municipio | Poboación | Extensión | Densidade |
---|---|---|---|
Agost | 4.766 | 66,64 | 71,5 |
Aigües | 951 | 18,47 | 51,5 |
Alacant | 322.673 | 201,27 | 1.603,2 |
Busot | 2.847 | 33,84 | 84,1 |
El Campello | 25.055 | 55,27 | 453,3 |
Mutxamel | 20.364 | 47,65 | 427,4 |
Sant Joan d'Alacant | 20.997 | 9,64 | 2.178,1 |
Sant Vicent del Raspeig | 49.341 | 40,55 | 1.216,8 |
La Torre de les Maçanes | 745 | 36,48 | 20,4 |
Xixona | 7.533 | 163,76 | 46,1 |
Totais: | 455.292 | 673,57 | 675,9 |
A comarca histórica da Horta de Alacant correspóndese coa conurbación de Alacant, un conxunto urbano que engloba ademais da capital, a Sant Joan d'Alacant, Mutxamel, Sant Vicent del Raspeig e El Campello (a área metropolitana de Alacant-Elx inclúe a case todos os demais municipios da comarca e os do baix Vinalopó: Elx, Santa Pola e Crevillent). Centrada sobre a cidade de Alacant, o resto de núcleos urbanos atópanse a modo de prolongacións da expansión urbana, servindo como zonas residenciais (todas elas), de expansión industrial (Sant Vicent) ou especializadas cara ao turismo (El Campello). Fortemente urbanizada, esta aglomeración presenta unha densidade de poboación de 1.226 hab/km². No plano agrícola, que é ao que debe o seu nome, a Horta de Alacant consiste nun territorio relativamente plano de terras fértiles, convertido ao regadío grazas principalmente ao uso das augas do río Montnegre.
Á parte de Agost, o resto das poboacións constitúen a histórica comarca da Foia de Xixona, con Xixona, La Torre de les Maçanes, Busot, e Aigües. Trátase en realidade de poboacións de transición entre a Horta de Alacant e outras comarcas (respectivamente, a Foia de Xixona co Alcoià, Agost co Vinalopó Mitjà e Busot e Aigües coa Marina Baixa). Salvo Xixona, poboación industrial que é deles o maior núcleo urbano, os demais núcleos de poboación son de tipo rural, contrastando enormemente coas poboacións da Horta de Alacant. Non en balde, esta serie de municipios periféricos presenta unha densidade de poboación de tan só 50,3 hab/km², unhas 24 veces menor que a da conurbanización alacantina.