Sant Vicent del Raspeig
concello da provincia de Alacant From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da provincia de Alacant From Wikipedia, the free encyclopedia
Sant Vicent del Raspeig (en castelán: San Vicente del Raspeig, cooficiais) é un concello do País Valenciano situado no noroeste da área metropolitana de Alacant, da provincia de Alacant. Ten 51.507 habitantes (INE 2008).
Himno | Sant Vicent el meu poble | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | Provincia de Alacant | ||||
Comarca da Comunidade Valenciana | Alacantí | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 59.928 (2023) (1.477,88 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 40,55 km² | ||||
Altitude | 109 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Vicente Ferrer | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jesús Villar (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 03690 e 03699 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 03122 | ||||
Código ARGOS de concellos | 03122 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | raspeig.es | ||||
No termo municipal de Sant Vicent do Raspeig atópase, desde o seu fundación en 1979, o campus da Universidade de Alacant. Este feito valeulle para colocárselle a etiqueta de cidade universitaria e de residencia. Os núcleos urbanos de Alacant e de Sant Vicent forman un continuo urbanizado, ademais de posuír boas comunicacións entre si como trens de Proximidades ou o tranvía TRAM.
O topónimo do municipio xurdiu a raíz da estancia de Vicente Ferrer nas terras do Raspeig sobre 1411. O municipio creceu ao redor dunha ermida situada nas terras do Raspeig. Dende o século XVII, polo menos, documéntase a existencia en distintos protocolos notariais dos primeiros núcleos de poboación habitados no que hoxe coñecemos como Sant Vicent del Raspeig. O carácter de lugar de paso e á vez cruzamento de camiños das súas terras marcou o seu desenvolvemento histórico ao longo de séculos. A súa independencia total chegou en 1848 tras anos dun dilatado proceso segregacionista da cidade de Alacant.
Posteriormente, no século XX produciuse a industrialización do municipio e a súa inclusión na área metropolitana de Alacant, coa conseguinte medra demográfica. No século XX o municipio experimentou unha extensión urbanística de xeito moi similar ao concepto de cidade lineal coas avenidas Ancha de Castelar e Alacant como principal eixe vertebrador.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.