O Alén[1] (tamén coñecido como vida após a morte, outro mundo ou máis alá) é o concepto do reino, ou o reino en si mesmo (ora físico, ora transcendental), no que unha parte esencial da identidade ou consciencia individual continúa a existir despois da morte do corpo. Segundo diversas ideas sobre o Alén, o aspecto esencial do individuo que vive no alén pode ser algún elemento parcial, a alma ou o espírito, que son os que lle confiren a identidade persoal. A crenza no Alén, que pode ser naturalista ou sobrenatural, oponse á crenza no esquecemento eterno.

Thumb
Paraíso de Bhaishajyaguru descuberto nas Covas de Mogao.

Nalgunhas culturas, esta existencia sen fin prodúcese nun reino espiritual, e noutras, o individuo pode renacer neste mundo e comezar de novo o ciclo da vida, sen ningunha lembranza do que viviu no pasado. Noutras culturas, as mortes e os renacementos poden producirse unha e outra vez até que o individuo consegue entrar no reino espiritual ou Outro Mundo. As principais teorías sobre o Alén derivan da relixión, do esoterismo e da metafísica.

Nalgunhas crenzas, como as tradicións abrahámicas, sosteñen que o morto vai a un plano de existencia específico despois da morte, o cal é determinado por un Deus, deuses, ou outro xulgamento divino baseado nas accións ou crenzas durante a vida. Pola contra, nas tradicións da reencarnación como as relixións indias, a natureza da existencia sen fin é determinada directamente polas propias accións do individuo máis que pola decisión doutro ser.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.