rexión localizada na unión da República Popular da China, Paquistán e a India / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aksai Chin (en hindi अक्साई चिन; en chinés simplificado 阿克赛钦, pinyin: Ākèsàiqīn) é unha rexión localizada na unión da República Popular da China, Paquistán e a India. Administrada pola China, pero reclamada pola India. Aksai Chin é unha das dúas áreas fronteirizas disputadas entre a India e a China, a outra é Arunachal Pradesh. A rexión é case completamente desértica, malia iso ten unha importante posición estratéxica, xa que é vital para a comunicación terrestre do Tíbet con Xinkiang, logo da guerra sino-india de 1962 a China ocupou o territorio. Os dous adversarios aceptaron respectar a liña de control e o conflito considérase de baixa intensidade.
Datos rápidos Localización, Territorio reivindicado por ...
Este artigo amosa escritos chineses. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Localización de Aksai ChinO mapa mostra as reivindicacións indias e chinesas da fronteira na rexión de Aksai Chin, a liña Macartney-MacDonald, a Liña de Asuntos Exteriores, así como o progreso das forzas chinesas ao ocupar áreas durante a guerra entre a China e a India.
Aksai Chin forma parte administrativamente do condado de Hotan, na rexión autónoma de Xinjiang, a India reclama o territorio como parte de Caxemira. A principal vila é Tianshuihai, que conta con 1.600 habitantes.