xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Aix é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos anatinos, que inclúe dúas especies de patos do hemisferio norte que mostran un marcado dimorfismo sexual, e que foron domesticados e son criados polas súas calidades ornamentais.
Aix | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parella de Aix sponsa | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O xénero foi descrito en 1828 polo zoólogo alemán Friedrich Boie.[1][2]
Aix é unha palabra do grego antigo usada por Aristóteles para referirse a unha ave mergulladora descoñecida, pero que se supón que era un ganso pequeno, un somorgullo ou un pato.[3]
Ademais de polo seu nome actualmente válido o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[4]
Como quedou dito, o xénero Aix inclúe dúas especies.[2][5]
Ademais, encontráronse algunhas especies fósiles, como Aix praeclara, do mioceno medio de Mongolia.[7]
Anteriormente estas especies foron incluídas nun grupo parafilético intermedio entre os anatinos e os tadorninos, e aínda non está moi claro se deberían situarse na subfamilia dos anatinos ou na dos tadorninos.[8][9]
Ambas as especies migran desde as partes setentrionais das súas respectivas áreas de distribución para invernar no sur da área de distribución.
As dúas especies son xeralmente consideradas moi atractivas, especialmente os machos multicolores. O xénero presenta un marcado dimorfismo sexual, sendo as femias máis pequenas e menos coloridas.
Aliméntanse de pequenos crustáceos, insectos e materia vexetal. O pato mandarín é principalmente vexetariano.
As dúas especies reproducúcense unha vez ao ano. Son monógamos. O apareamento prodúcese entre febreiro e abril, dependendo da latitude. O tamaño da posta é entre 6 e 15 ovos, e o período de incubación é duns 30 días. Os paatiños son precoces. Saen do niño cun día de vida e son coidados pola nai durante uns 60 días. Os inmaturos teñen unha taxa de mortalidade moi elevada. Os adultos viven normalmente 3 ou 4 anos.
Ambas as especies están afectadas pola perda de hábitat. A medida que o desenvolvemento humano segue a expandirse, as áreas boscosas preferidas por estes patos seguen a diminuír. A partir de 2016, ambas as especies foran avaliadas pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais como LC (pouco preocupante).[10][11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.