![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3e/HB-IOC_A321_Swiss_CPH.jpg/640px-HB-IOC_A321_Swiss_CPH.jpg&w=640&q=50)
Airbus A321
avión de pasaxeiros / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Airbus A321 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. É unha versión alongada do A320 con cambios mínimos. A superficie alar alongouse lixeiramente e o tren de aterraxe reforzouse. É propulsado por motores CFM56 ou V2500.
Airbus A321 | |
---|---|
![]() A321 de Swiss International Air Lines | |
Tipo | Pasaxeiros |
Fabricante | Airbus |
Primeiro voo | 11 de marzo de 1993 |
Introducido | xaneiro de 1994 (Lufthansa) |
Estado | en servizo |
Principais usuarios | American Airlines China Southern Airlines Delta Air Lines China Eastern Airlines |
Produción | 1992 - 2021 (A321ceo) 2016 - presente (A321neo) |
Unidades construídas | 2 462 (xaneiro de 2022) |
Algunhas compañías elixiron este avión en vez do Boeing 757, xa que ten a mesma capacidade e comparte comunalidade cos outros avións da familia: o A318, o A319 e o A320. Isto inclúe os avanzados mandos fly-by-wire, o que permite que os pilotos dun tipo de avión poidan pilotar os outros con só un par de horas de adestramento.
O alcance con 186 pasaxeiros na configuración típica de 2 clases é de 4 300 km para a versión A321-100, mentres que na 200, debido á súa maior capacidade de combustible, esta cifra aumenta ata os 5 500 km.