![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8f/Air_Greenland_logo.svg/langgl-640px-Air_Greenland_logo.svg.png&w=640&q=50)
Air Greenland
From Wikipedia, the free encyclopedia
Air Greenland A/S, tamén coñecida como Greenlandair, é a aeroliña nacional de Groenlandia. É subsidiaria do SAS Group, e pertende a este grupo, ao goberno groenlandés e ao goberno danés. Opera unha frota de 32 avións, incluídos un avión de pasaxeiros para voos transatlánticos e chárter, 9 pequenos avións usados principalmente na súa rede doméstica, e 22 helicópteros para levar pasaxeiros dende as pequenas comunidades ata os aeroportos domésticos. Os voos a heliportos nos asentamentos remotos son operados por contrato co goberno de Groenlandia.
Air Greenland | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA GL | OACI GRL | Indicativo GREENLAND |
Fundación | 1960 (como Grønlandsfly) | |
Frota | 31 | |
Destinos | 67 | |
Holding | SAS Group | |
Eslogan da compañía | Flies you safely to Greenland | |
Sede | aeroporto de Nuuk, Nuussuaq | |
Páxina web: http://www.airgreenland.dk/ |
Fundada en 1960 como Grønlandsfly, a aeroliña comezou a operar con hidroavións Catalina. Nunha década expandiuse e fíxose con varios DHC-3 Otter e helicópteros Sikorsky S-61, algúns dos cales aínda están en servizo. A meirande parte das operacións estiveron baseadas nos helicópteros ata que comezou a gobernar a nova administración groenlandesa en 1979, que comezou a investir nunha rede de pequenos aeródromos. Foi un proceso moi custoso, e as taxas aeroportuarias de Groenlandia aínda están entre as máis caras do mundo;[1] isto tamén requiriu unha nova frota: os turbohélices DHC-7 estaban especialmente adaptados ao terreo duro e ás condicións meteorolóxicas de Groenlandia. A fiabilidade das conexións mellorou cando a rede de aeroportos domésticos aumentou nos anos 90: o uso cada vez maior do Dash 7 fixo que a aeroliña estivese menos limitada polas inclemencias do tempo. A finais dos 90 e principios dos 2000, Air Greenland mercou un Boeing 757 e un Airbus A330, permitíndolle abrir conexións cara Copenhague, que ata ese momento estaban operadas por SAS e continuou facéndoo ata finais dos 2000. A día de hoxe a aeroliña compite con Air Iceland nas conexións internacionais e os pequenos servizos chárter domésticos.
Ademais dos servizos regulares e dos voos contratados polo goberno á meirande parte de vilas do país, a aeroliña tamén dá apoio a estacións de investigación remotas, proporciona servizos chárter para turistas e industrias mineiras e de enerxía e pode realizar evacuacións médicas durante emerxencias. Air Greenland ten sete subsidiarias: unha aeroliña, hoteis, touroperadores, unha axencia de viaxes especializada no turismo de Groenlandia e a Arctic Umiaq Line, un servizo de ferris subvencionado polo goberno.