![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6a/MJK_37447_Agn%25C3%25A8s_Varda_%2528Berlinale_2019%2529_%2528cropped%2529.jpg/640px-MJK_37447_Agn%25C3%25A8s_Varda_%2528Berlinale_2019%2529_%2528cropped%2529.jpg&w=640&q=50)
Agnès Varda
directora de cinema francesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
Agnès Varda, nada o 30 de maio de 1928 en Ixelles (Bruxelas) e finada en París o 29 de marzo de 2019,[1] foi unha fotógrafa e directora francesa de cinema.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Pechar
Foi a única muller directora da Nouvelle Vague.[1] Entre a súa filmografía destacan La Pointe courte, Cleo de 5 a 7, Ulysse, Sans toit ni loi, Jacquot de Nantes, Les Glaneurs et la Glaneuse, Deux ans après, Les Plages d'Agnès e Visages, villages .
Foi galardoada co premio César en 2001, co René-Clair da Academia Francesa en 2002, coa Palma de Honra do Festival de Cannes en 2015 e co Óscar honorífico en 2017,[2] e coa Cámara da Festival Internacional de Cinema de Berlín en 2019, todos destinados a homenaxear o conxunto da súa carreira cinematográfica.