![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bb/Rajiv_Gandhi_International_Airport_Logo.svg/langgl-640px-Rajiv_Gandhi_International_Airport_Logo.svg.png&w=640&q=50)
Aeroporto internacional Rajiv Gandhi
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional Rajiv Gandhi (IATA: HYD, OACI: VOHS) é un aeroporto que serve a Hyderabad, a cidade máis grande do estado indio de Telangana. Atópase en Shamshabad, a uns 24 quilómetros ao sur de Hyderabad. Está operado por GMR Hyderabad International Airport Ltd, unha empresa público-privada. Inaugurouse en marzo de 2008 para substituír o aeroporto de Begumpet como principal aeroporto comercial de Hyderabad. Foi bautizado na honra de Rajiv Gandhi, antigo primeiro ministro da India.
Aeroporto internacional Rajiv Gandhi | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | GMR Hyderabad International Airport Ltd (GHIAL) | ||
Cidade/Illa | Hyderabad | ||
Localización | Shamshabad | ||
Elevación (msnm) | 617 metros / 2 024 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | www.hyderabad.aero | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09L/27R | 3 800 | 12 162 | asfalto |
09R/27L | 4 260 | 13 976 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 14 337 154 | ||
O aeroporto ten unha terminal de pasaxeiros, unha de carga e dúas pistas. No ano 2017 foi o sexto aeroporto máis concorrido do país en tráfico de pasaxeiros. Serve como centro de conexións para Air India Regional, Blue Dart Aviation, SpiceJet, Lufthansa Cargo, Quikjet Cargo e TruJet, e como cidade focal para IndiGo e Air India.