From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Sylt (IATA: GWT, OACI: EDXW) é o aeroporto da illa alemá de Sylt, situado no municipio do mesmo nome. Opera principalmente voos estacionais de verán cara ás principais cidades de Alemaña, ademais de voos de aviación xeral e planadores.
Aeroporto de Sylt Flughafen Sylt | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Operador | Flughafen Sylt GmbH | ||
Cidade/Illa | Sylt, Alemaña | ||
Elevación (msnm) | 16 metros / 51 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
06/24 | 1 696 | 5 564 | asfalto |
14/32 | 2 120 | 6 955 | pavimento |
Estatísticas (2014) | |||
Pasaxeiros | 132 000[1] | ||
Ás veces tamén é chamado aeroporto de Westerland/Sylt por Westerland, unha coñecida parte do municipio de Sylt pero que non é a localidade máis próxima ao aeroporto.
A illa de Sylt vén sendo un famoso destino de vacacións dende comezos do século XX. O seu primeiro pequeno aeroporto construíuse xusto despois da primeira guerra mundial e en 1919 iniciáronse as primeiras rutas regulares cara a Weimar, Hamburgo e Berlín.[2]
Durante a segunda guerra mundial traballouse extensivamente nas súas instalaciíns, ampliándoas para servir como base militar. Nos anos 60 o tráfico de vacacións regresou e desenvolveuse con forza a partir da década seguinte.[2]
No ano 1990 o aeroporto de Sylt recibiu novo equipamento técnico ademais de incorporar novas instalacións para os pasaxeiros.[2] A día de hoxe é capaz de operar avións de tamaño medio como o Boeing 737.
En xuño de 2015 Lufthansa CityLine anunciou a expansión dos seus servizos cara Sylt, pasando os seus voos dende Frankfurt e Múnic de ser estacionais a operarse durante todo o ano.[3]
Aeroliñas | Destinos
|
---|---|
Eurowings operado por Germanwings | Estacional: Colonia/Bonn |
Eurowings operado por LGW | Düsseldorf (comeza o 19 de xaneiro de 2018)[4] |
Lufthansa Regional operado por Lufthansa CityLine | Frankfurt, Múnic |
Rhein-Neckar Air operado por MHS Aviation | Estacional: Nürnberg |
Sylt Air | Estacional: Hamburgo |
SkyWork Airlines | Estacional: Basilea/Mulhouse, Berna |
Swiss International Air Lines operado por Swiss Global Air Lines | Estacional: Zürich |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.