![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/04/Guarulhos5.jpg/640px-Guarulhos5.jpg&w=640&q=50)
Aeroporto de São Paulo-Guarulhos
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de São Paulo/Guarulhos-Governador André Franco Montoro (IATA: GRU, OACI: SBGR), coñecido tamén como aeroporto de São Paulo-Guarulhos ou sinxelamente GRU, é o principal aeroporto internacional que serve a São Paulo. Localmente é popularmente coñecido tamén como aeroporto de Cumbica, polo distrito onde se sitúa e pola base da Forza Aérea do Brasil que aínda existe no seu complexo. Dende o 28 de novembro de 2001 o aeroporto leva o nome de André Franco Montoro (1916–1999), antigo gobernador do estado de São Paulo.[2] No ano 2012 o aeroporto adoptou a súa nova identidade de marca, GRU Airport.[3]
Aeroporto de São Paulo-Guarulhos Aeroporto Internacional de São Paulo/Guarulhos-Governador André Franco Montoro | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Operador | Invepar-ACSA | ||
Cidade/Illa | São Paulo | ||
Localización | Guarulhos | ||
Elevación (msnm) | 750 metros / 2 459 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | https://www.gru.com.br | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
09R/27L | 3 000 | 9 843 | asfalto |
09L/27R | 3 700 | 12 139 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 36 596 326[1] | ||
É o aeroporto máis concorrido do Brasil en termos de pasaxeiros, operacións e carga, e o segundo de Latinoamérico en número de pasaxeiros, despois do aeroporto da Cidade de México. Dende o ano 2012 o aeroporto vén sendo operado por un consorcio formado por Invepar S/A, Airports Company South Africa e Infraero.[4]