Aeroporto de Newark Liberty
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Newark Liberty (IATA: EWR, ICAO: KEWR, FAA LID: EWR), orixinalmente aeroporto metropolitano de Newark e posteriormente aeroporto internacional de Newark, é o principal aeroporto que serve ao estado de Nova Jersey. O aeroporto atópase no límite entre as cidades de Elizabeth e Newark, sendo esta última a cidade do estado con máis habitantes.[2] É propiedade das dúas cidades e está operado pola Port Authority of New York and New Jersey.[3]
Aeroporto de Newark Liberty Newark Liberty International Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | cidades de Elizabeth e Newark | ||
Operador | Port Authority of New York and New Jersey | ||
Cidade/Illa | Nova Jersey | ||
Localización | Newark | ||
Elevación (msnm) | 5 metros / 18 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.newarkairport.com/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
4L/22R | 3 353 | 11 000 | asfalto/formigón |
4R/22L | 3 048 | 10 000 | asfalto |
11/29 | 2 050 | 6 726 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 40 351 331[1] | ||
O aeroporto de Newark está a 97 km ao nordés de Filadelfia e a 24 km ao suroeste da cidade de Nova York, e é un dos grandes aeroportos que serven ámbalas dúas áreas metropolitanas. Nel operan ao redor de 50 aeroliñas e é o terceiro centro de conexións máis grande para United Airlines (despois de Chicago-O'Hare e Houston-Intercontinental), sendo a principal compañía que opera en Newark.[4] A segunda compañía con máis presenza é FedEx Express, que ten no aeroporto o seu terceiro centro de conexións máis grande.