Aeroporto de Múnic
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto Internacional de Múnic "Franz Josef Strauß" (IATA: MUC, OACI: EDDM) (en alemán: Flughafen München Franz Josef Strauß) é un aeroporto bávaro situado 28 km ao noroeste de Múnic, é unha base de Lufthansa e as súas socias da Star Alliance. O aeroporto está comprendido por terreos de catro concellos: Frisinga, Oberding, Hallbergmoos e Marzling. Leva o nome do político bávaro Franz Josef Strauß. Tiña un grande interese na industria aeronáutica e as infraestruturas relacionadas, xa que era piloto privado.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde outubro de 2017) |
Aeroporto de Múnic Flughafen München | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario/Operador | Flughafen München GmbH | ||
Elevación (msnm) | 453 metros / 1 487 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | https://www.munich-airport.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
08R/26L | 4 000 | 13 123 | formigón |
08L/26R | 4 000 | 13 123 | formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 42 261 309 | ||
En 2006 rexistrou un tránsito de 30,76 millóns de pasaxeiros, o que o converte no segundo aeroporto con máis tránsito de Alemaña e o sétimo de Europa. En 2006, por segundo ano consecutivo, o Aeroporto de Múnic obtivo a mención como o Mellor Aeroporto de Europa e o Terceiro Mellor do Mundo (só por tras do Aeroporto de Singapur-Changi e o Aeroporto Internacional de Hong Kong).