Aeroporto de Manchester
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Manchester (IATA: MAN, ICAO: EGCC) é un aeroporto internacional inglés en Ringway, situado a 13,9 km ao sueste do centro da cidade de Manchester. No ano 2016 foi o terceiro aeroporto máis concorrido do Reino Unido en número de pasaxeiros.[1][2] As súas instalacións están formadas por tres terminais de pasaxeiros e unha de carga e é o único aeroporto británico xunto con Heathrow con dúas pistas de máis de 3 000 metros. O aeroporto de Manchester cobre unha área de 560 hectáreas e ten voos a 199 destinos, sendo o 13º a nivel mundial por destinos servidos.[3]
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Aeroporto de Manchester Manchester Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | privado | ||
Propietario | Manchester Airports Group | ||
Operador | Manchester Airport Plc | ||
Localización | Ringway, Manchester | ||
Coordenadas | |||
Web | manchesterairport.co.uk | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
05L/23R | 3 048 | 10 000 | cemento |
05R/23L | 3 050 | 10 007 | cemento/asfalto ranurado |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 25,637,054 | ||
Inaugurouse oficialmente o 25 de xuño de 1938 e foi inicialmente coñecido como aeroporto de Ringway. Na segunda guerra mundial coñeceuse como RAF Ringway e foi usado como base da Royal Air Force. Polas súas instalacións pasaron 25 637 054 pasaxeiros en 2016,[1] e ten capacidade para 50 000 000 anuais.[4] Esa cifra potencial está limitada polas restricións que só lle permiten 61 movementos de avións por hora.[5] Desenvolvementos futuros inclúen a construción da Manchester Airport City, un espazo loxístico, de fábricas, oficinas e áreas de lecer ao lado do aeroporto, ademais de melloras no transporte.