![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f0/Las_Vegas_McCarran.jpg/640px-Las_Vegas_McCarran.jpg&w=640&q=50)
Aeroporto de Las Vegas-Harry Reid
principal aeroporto de Las Vegas, Nevada, EUA / From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Las Vegas-Harry Reid (IATA: LAS, OACI: KLAS) é o principal aeroporto que serve á área metropolitana de Las Vegas, unha grande área urbana no estado de Nevada. Está situado en Paradise, a uns 8 quilómetros ao sur do centro de Las Vegas. É propiedade do condado de Clark e operado polo seu Departamento de Aviación. Foi bautizado na honra do senador Pat McCarran, un membro do Partido Demócrata que axudou ao desenvolvemento da aviación, tanto en Las Vegas como a nivel nacional.
Aeroporto de Las Vegas-Harry Reid Harry Reid International Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Condado de Clark | ||
Operador | Clark County Department of Aviation | ||
Cidade/Illa | Las Vegas | ||
Localización | Paradise, Nevada | ||
Elevación (msnm) | 665 metros / 2 181 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.harryreidairport.com/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
1L/19R | 2 740 | 8 988 | formigón |
1R/19L | 9 771 | formigón | |
14 512 | formigón | ||
formigón | |||
O aeroporto foi construído no ano 1942 e comezou as súas operacións comerciais en 1948. Dende entón pasou por importantes ampliacións. Ten catro pistas e dúas terminais de pasaxeiros: a Terminal 1 e a Terminal 3. Ao leste das terminais atópase o Marnell Air Cargo Center, e no oeste están as instalacións dos operadores do aeroporto e de compañías de helicópteros.
No ano 2016 pasaron por Harry Reid máis de 47 millóns de pasaxeiros. É o 26º aeroporto máis concorrido do mundo en termos de pasaxe e o 8º en movementos de avións. Opera voos a destinos en Norteamérica, Europa e Asia. É unha base operativa para Allegiant Air, ademais de ser unha base de tripulacións e mantemento para Frontier Airlines,[1] Southwest Airlines e Spirit Airlines.