Aeroporto de Frankfurt-Hahn
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto de Frankfurt–Hahn (en alemán: Flughafen Frankfurt–Hahn) (IATA: HHN, OACI: EDFH) é un aeroporto internacional situado a 10 km da vila de Kirchberg e 2 km de Simmern, no distrito de Rhein-Hunsrück do estado de Renania-Palatinado, no oeste de Alemaña.
Datos rápidos Flughafen Frankfurt–Hahn, IATA: HHN – ICAO: EDFH ...
Aeroporto de Frankfurt–Hahn Flughafen Frankfurt–Hahn | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | Público | ||
Operador | Flughafen Frankfurt-Hahn GmbH | ||
Cidade/Illa | Renania-Palatinado | ||
Localización | Kirchberg, Alemaña | ||
Elevación (msnm) | 503 metros / 1 649 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | hahn-airport.de | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
03/21 | 3 800 | 12 467 | asfalto |
Estatísticas (2013) | |||
Número de pasaxeiros | 2 667 529 | ||
Pechar
A pesar do seu nome, o aeroporto atópase practicamente equidistante entre Frankfurt e Luxemburgo (a uns 120 km a cada cidade por estrada). Está máis preto das cidades alemás de Koblenz (sobre 70 quilómetros) e Maguncia (sobre 90 quilómetros). O engadido de Frankfurt ao seu nome non é unha invención das compañías de baixo custo como é o caso doutros aeroportos, Frankfurt–Hahn é o nome oficial do aeroporto.