Aeroporto de Fort Lauderdale-Hollywood
aeroporto principal do condado de Broward, Florida, Estados Unidos / From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto internacional de Fort Lauderdale-Hollywood (IATA: FLL, OACI: KFLL) é un aeroporto estadounidense situado no condado de Broward, en Florida. O aeroporto atópase entre as cidades de elimitando as cidades de Fort Lauderdale, Hollywood e Dania Beach, a 5 quilómetros ao suroeste do centro de Fort Lauderdale e a 34 ao norte de Miami. O aeroporto está preto da terminal de cruceiros de Port Everglades e é popular entre os turistas que embarcan cara ao Caribe. Dende finais dos anos 90, Fort Lauderdale converteuse nunha porta de entrada intercontinental, aínda que o aeroporto de Miami aínda manexa a meirande parte dos voos de longo alcance na zona.
Aeroporto de Fort Lauderdale-Hollywood Fort Lauderdale–Hollywood International Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | Condado de Broward | ||
Operador | Broward County Aviation Department | ||
Cidade/Illa | Gran Miami | ||
Localización | Fort Lauderdale/Hollywood/Dania Beach | ||
Elevación (msnm) | 20 metros / 65 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.broward.org/airport | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
10L/28R | 2 743 | 9 000 | asfalto |
10R/28L | 2 438 | 8 000 | formigón |
Estatísticas (2017) | |||
Pasaxeiros | 32 511 053[1] | ||
É a base máis grande para Spirit Airlines e é unha cidade focal para JetBlue, Norwegian Long Haul, Allegiant Air e Southwest Airlines. No ano 2016, as cinco primeiras aeroliñas no aeroporto por porcentaxe de mercado foron JetBlue cun 25%, Southwest Airlines cun 19,7%, Spirit Airlines cun 19,4%, Delta Air Lines cun 10,2% e American Airlines cun 6,9%.[2] FLL é o 19º aeroporto máis concorrido dos Estados Unidos en termos de pasaxeiros, ademais de ser o 14º con máis pasaxeiros internacionsi e un dos 50 aeroportos máis concorridos do mundo. No ano 2017 pasaron polo aeroporto un total de 32 511 053 pasaxeiros, dos cales 7 183 275 foron internacionais.[1]