Aeroporto de Detroit
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto metropolitano de Detroit Wayne County (IATA: DTW, ICAO: KDTW, FAA LID: DTW) e un gran aeroporto internacional estadounidense que cobre 1 960 hectáreas[1] en Romulus, Míchigan. É o principal aeroporto internacional que serve a Detroit e o máis grande do estado de Míchigan. O Plan Nacional de Sistemas Aeroportuarios Integrados para 2017-2021 da Administración Federal de Aviación (FAA) categorizouno como unha grande instalación de servizo comercial principal.[1]
Aeroporto de Detroit Detroit Metropolitan Wayne County Airport | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | condado de Wayne, Míchigan | ||
Operador | Wayne County Airport Authority | ||
Coordenadas | |||
Web | metroairport.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
4R/22L | 3 659 | 12 003 | formigón |
4L/22R | 3 048 | 10 000 | asfato/formigón |
3R/21L | 3 048 | 10 001 | formigón |
3L/21R | 2 591 | 8 500 | asfato/formigón |
9L/27R | 2 654 | 8 708 | asfato/formigón |
9R/27L | 2 591 | 8 500 | formigón |
Estatísticas (2021) | |||
Pasaxeiros | 23 610 765 | ||
Operacións | 286 909 | ||
O aeroporto é un gran centro de conexións para Delta Air Lines e tamén unha base de Spirit Airlines.[2][3] Detroit serve como a principal porta de entrada de Delta a Asia para o leste dos Estados Unidos. O aeroporto serve a 30 destinos internacionais e a 39 estados dos Estados Unidos. Operado pola Wayne County Airport Authority, o aeroporto ten seis pistas, dúas terminais, e 129 portas de embarque.[4] O aeroporto de Detroit ten instalacións de mantemento capaces de servir e reparar avións do tamaño dun Boeing 747-400.[5]
O aeroporto de Detroit serve a área metropolitana de Detroit; a área de Toledo, Ohio a uns 65 km ao sur; a área de Ann Arbor cara ao oeste; a Windsor, Ontario; e ao suroeste de Ontario no Canadá.[6] O aeroporto ten voos a máis de 140 destinos[4] e foi nomeado o mellor gran aeroporto dos Estados Unidos en satisfacción dos clientes por J.D. Power & Associates en 2010 e 2019.[7][8]