![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/Aeroport_de_Charleroi_Bruxelles_Sud.jpg/640px-Aeroport_de_Charleroi_Bruxelles_Sud.jpg&w=640&q=50)
Aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi
From Wikipedia, the free encyclopedia
O aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi (IATA: CRL, ICAO: EBCI), tamén chamado aeroporto de Charleroi ou aeroporto de Gosselies, é un aeroporto internacional situado en Gosselies, unha parte da cidade de Charleroi en Valonia. O aeroporto atópase a 7,4 km ao norte de Charleroi e a 46 km ao sur do centro de Bruxelas. En termos de pasaxeiros e movementos de avións é o segundo aeroporto máis concorrido de Bélxica, pasando no ano 2016 7 303 720 pasaxeiros en 75 038 operacións. Tamén é un importante aeródromo para a aviación xeral, sendo o fogar de 3 escolas de voo.
Datos rápidos Aéroport de Charleroi Bruxelles Sud, IATA: CRL – ICAO: EBCI ...
Aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi Aéroport de Charleroi Bruxelles Sud | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | goberno de Valonia | ||
Operador | Société Wallonne des Aéroports | ||
Localización | Charleroi | ||
Elevación (msnm) | 187 metros / 614 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | https://www.charleroi-airport.com | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
07/25 | 2 550 | 8 366 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 7 303 720 | ||
Pechar