Aeroporto Internacional dos Ánxeles
aeroporto en California (EUA) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto Internacional dos Ánxeles (IATA: LAX, ICAO: KLAX, FAA LID: LAX) é o aeroporto máis grande e concorrido da área Gran Os Ánxeles e do estado de California, ademais de ser un dos aeroportos internacionais máis grandes dos Estados Unidos. Adoita a ser coñecido polo seu código IATA LAX, pronunciando as letras individualmente. LAX iatópase no suroeste da área dos Ánxeles ao lado do océano Pacífico, entre o barrio de Westchester no norte e a cidade de El Segundo no sur. É propiedade e está operado por Los Angeles World Airports, unha axencia do goberno dos Ánxeles, antigamente coñecida como Departmento de Aeroportos.
Aeroporto Internacional dos Ánxeles | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | cidade dos Ánxeles | ||
Operador | Los Angeles World Airports | ||
Cidade/Illa | área do Gran Os Ánxeles | ||
Localización | Os Ánxeles (California) | ||
Coordenadas | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
6L/24R | 2 721 | 8 926 | cemento |
6R/24L | 3 318 | 10 885 | cemento |
7L/25R | 3 685 | 12 091 | cemento |
7R/25L | 3 382 | 11 095 | cemento |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 80 921 527 | ||
Operacións | 697 138 | ||
En 2015 por LAX pasaron 74 936 256 pasaxeiros, un incremento do 6% con respecto ao ano anterior,[1] facéndoo o sétimo aeroporto con máis pasaxeiros do mundo. LAX tamén foi o terceiro aeroporto do mundo en movemento de aeronaves. Aínda que LAX é o aeroporto máis concorrido da zona, outros, como o Aeroporto Bob Hope, o Aeroporto John Wayne, o Aeroporto de Long Beach e o Aeroporto Internacional LA/Ontario, tamén serven á rexión. Destaca tamén por ser un dos poucos aeroportos estadounidenses con catro pistas paralelas.
LAX funciona como centro de conexións para Alaska Airlines,[2] American Airlines, Delta Air Lines,[3] United Airlines e Virgin America. Tamén é unha cidade prioritaria para Allegiant Air, Air New Zealand, Qantas, Southwest Airlines, Spirit Airlines e Volaris.
Como o aeroporto internacional máis grande da costa oeste dos Estados Unidos, LA é unha gran porta de entrada dende e cara Europa, Latinoamérica, Asia e Oceanía.