Aeroporto Internacional de San Francisco
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Aeroporto Internacional de San Francisco (IATA: SFO, ICAO: KSFO, FAA LID: SFO) é un aeroporto internacional situado a 21 quilómetros ao sur do centro de San Francisco, preto de Millbrae e San Bruno no condado de San Mateo.[1] Ten voos punto a punto a toda Norteamérica e é unha importante porta de entrada a Europa e Asia.
Aeroporto Internacional de San Francisco | |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público | ||
Propietario | cidade e condado de San Francisco | ||
Operador | San Francisco Airport Commission | ||
Cidade/Illa | Área da Baía de San Francisco | ||
Localización | Condado de San Mateo | ||
Elevación (msnm) | 4 metros / 13 pés | ||
Coordenadas | |||
Web | http://www.flysfo.com/ | ||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
10L/28R | 3 618 | 11 870 | asfalto |
10R/28L | 3 469 | 11 381 | asfalto |
1R/19L | 2 637 | 8 650 | asfalto |
1L/19R | 2 332 | 7 650 | asfalto |
Estatísticas (2015) | |||
Pasaxeiros | 50 067 094 | ||
Operacións | 429 815 | ||
SFO é o aeroporto máis grande da Área da Baía de San Francisco e do norte de California, e é o segundo máis concorrido dese estado, tras o Aeroporto Internacional dos Ánxeles. No ano 2014 foi o sétimo aeroporto máis concorrido dos Estados Unidos e o 21 a nivel mundial en número de pasaxeiros.[2] É o quinto centro de conexións máis grande dos Estados Unidos para United Airlines e opera como a súa principal porta de entrada transpacífica. É tamén a principal base de operacións para Virgin America.[3] Ten o único centro de mantemento de United Airlines e alberga o museo e biblioteca Louis A. Turpen Aviation.
SFO é propiedade da cidade e o condado de San Francisco, pero atópase no condado de San Mateo. Entre 1999 e 2004 a Comisión do Aeroporto de San Francisco operou a compañía propiedade da cidade SFO Enterprises, Inc., para supervisar as súas compras e operacións.[4][5]