As aves elefante (Aepyornithidae) son un clado de aves paleognatas extintas non voadoras endémicas de Madagascar.[2][3] A posición filoxenética destas aves segundo os últimos estudos moleculares é a do grupo irmán dos kiwis.[4]

Máis información Aves elefante, Estado de conservación ...
Aves elefante
Estado de conservación

Extinto dende século XVII
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Subclase: Neornithes
Superorde: Palaeognathae
Orde: Aepyornithiformes
Newton, 1884[1]
Familia: Aepyornithidae
Bonaparte, 1853[1]
Especie tipo
Aepyornis maximus'
Hilaire, 1851
Xénero
  • Aepyornis
  • Mullerornis
  • Vorombe
Pechar

Xeneralidades

Thumb
Vista frontal dun esqueleto de Aepyornis.

Os rexistros fósiles, do mesmo xeito que as crónicas da época, sitúan ás aves elefantes como as segundas aves máis altas que pisen a terra, a primeira sería a moa, pois erguíase até os dous metros, podendo mesmo acadar os tres metros. Hai 85 millóns de anos xurdiu a liñaxe do Aepyornis, o “paxaro de elefante” de Madagascar, que foi a meirande ave que existiu. Aínda que é máis baixo que a especie de moa máis alta, un Aepyornis podería pesar arredor de 550 quilogramos e ter até 3 metros de altura e 2,3 metros de lonxitude.

De feito, o nome científico das aves elefante, en grego, significa “paxaro alto”. O peso roldaría a media tonelada. Isto último convertía á ave elefante na máis pesada que existiu xamais.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.