Mosquito tigre
especie de insecto / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mosquito tigre[1][2][3] (Aedes albopictus) é unha especie de mosquito da familia dos culícidos orixinaria das áreas tropicais e subtropicais do sueste asiático. Porén, nos séculos pasados esta especie estendeuse por moitos países a través do transporte de mercadorías e das viaxes internacionais.[4] Caracterízase polas bandas brancas nas súas patas e no corpo.
Mosquito tigre | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Aedes albopictus Skuse 1895 | |||||||||||||||||||||||
Distribución global (2015). | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Este mosquito converteuse nunha praga importante en moitas comunidades porque está estreitamente asociado cos humanos (en lugar de vivir en zonas húmidas) e normalmente voa e aliméntase durante o día, ademais de ao solpor e ao amencer. O insecto chámase mosquito tigre pola súa aparencia a raias, que se asemella á dun tigre. Ae. albopictus é un importante vector epidemiolóxico para a transmisión de moitos patóxenos virais, incluíndo a febre amarela, a febre do dengue e o Chikungunya,[5] así como varios nematodos de filariose como Dirofilaria immitis.[6] Aedes albopictus é capaz de albergar o virus de Zika[7][8] e considérase un vector potencial para a transmisión de Zika entre os humanos.